Este blog contén información e materiais para o alumnado da materia de Investigación e tratamento de información de 1º ESO do CPI Tino Grandío.
Amosando publicacións coa etiqueta traballo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta traballo. Amosar todas as publicacións

29.1.19

Lista de compositores famosos para facer o traballo do 2º trimestre


  1. Ludwig Van Beethoven
  2. Wolfgang Amadeus Mozart
  3. Johann Christian Bach
  4. Frederic Chopin
  5. Johannes Brahms
  6. George Friderick Händel
  7. Antonio Vivaldi
  8. Franz Schubert
  9. Antonio Vivaldi
  10. Giuseppe Verdi
  11. Piotor Ilich Tchaikovski
  12. Richard Wagner
  13. Joseph Haydn
  14. Antonin Dvorak
  15. Franz Lizst
  16. Felix Mendelssohn
  17. Gustav Mahler
  18. Manuel de Falla
  19. Robert Schumann
  20. Claude Debussy
  21. Giacomo Puccini
  22. Isaac Albéniz
  23. Nikolay Rimsky-Korsakov
  24. Maurice Ravel
  25. Tomaso Albinoni


26.11.18

Traballo a man

Antes de entregar o teu traballo á profesora comproba o seguinte. Que
  • Ten unha portada sobria, co título no centro e o teu nome e curso no fondo á dereita.
  • Respectas as marxes tal e como vimos nas normas, de 2 a 3 cm polos catro lados de cada páxina.
  • O encabezamento de cada epígrafe está diferenciado do resto do texto.
  • A letra lese ben.
  • Non hai faltas de ortografía nin de puntuación.
  • Non usaches corrector (ou só moi pouquiño).
  • Hai unha cantidade de texto suficiente en cada apartado. 
  • O texto que escribiches non está copiado de ningunha páxina de internet, senón elaborado nas túas propias palabras a partir do que fuches atopando en internet.
  • Citas todas as fontes de onde sacaches a información.

1.3.18

Características do teu traballo

En todo caso o teu texto terá que ter as seguintes características:
  • Ter unha certa cantidade de texto escrito
  • Ter diferentes apartados (polo menos catro ou cinco)
  • O título de cada apartado deberá ter o estilo: Título 1 ou Encabezado 1 (segundo o ordenador que teñas)
  • O resto do texto dos apartados deberá ser Normal ou Corpo
  • A portada será adecuada: co título en letra grande e o teu nome en letra máis pequena e no fondo da primeira páxina do documento.
  • O texto deberá estar todo xustificado.
  • Aparece a bibliografía ao final con todas as fontes usadas, ben en papel ou de internet.
Se queres levar boa nota, ademais terase en conta se:
  • Leva algunha ilustración: foto, debuxo, ou imaxe
  • Leva número de páxina.
  • O texto está correcto.
  • A presentación é elegante: boas cores nos títulos, etc.

22.1.18

Uso do procesador de textos

Nesta avaliación imos aprender a utilizar un programa de procesador de textos: o LibreOffice ou o OpenOffice. Ambos programas son gratuítos e de uso libro e o seu uso é moi similar.

Para comezar imos ver un par de vídeos e despois cada un de vós vai facer un traballo no tempo de clase.




Nese traballo podedes escoller entre:
  • un texto propio (por exemplo o do traballo da árbore da 1ª avaliación) 
  • ou un texto que podes copiar entre os seguintes:
En todo caso o teu texto terá que ter as seguintes características:
  • Ter unha certa cantidade de texto escrito
  • Ter diferentes apartados (polo menos catro ou cinco)
  • O título de cada apartado deberá ter o estilo: Título 1 ou Encabezado 1 (segundo o ordenador que teñas)
  • O resto do texto dos apartados deberá ser Normal ou Corpo
  • A portada será adecuada: co título en letra grande e o teu nome en letra máis pequena e no fondo da primeira páxina do documento.
  • O texto deberá estar todo xustificado.
  • Aparece a bibliografía ao final con todas as fontes usadas, ben en papel ou de internet.
Se queres levar boa nota, ademais terase en conta se:
  • Leva algunha ilustración: foto, debuxo, ou imaxe
  • Leva número de páxina.
  • O texto está correcto.
  • A presentación é elegante: boas cores nos títulos, etc.

20.10.17

Elaborar unha bibliografía

Ao final de cada traballo é conveniente que fagades figurar que libros ou páxinas web consultastes. No caso dos libros poñemos:

APELIDOS DO AUTOR, Nome (data de publicación) Título do libro en cuestión. Lugar de publicación: Editorial.
  • CARLBERG, Conrad (2010) Análisis estadístico con Excel. Madrid: Anaya.
  • FEIJOO, Pedro (2012) Os fillos do mar. Vigo: Xerais.
Cando facemos os traballos a man, en lugar de usar a cursiva para o título, podemos subliñalo.
  • CARLBERG, Conrad (2010) Análisis estadístico con Excel. Madrid: Anaya.
  • FEIJOO, Pedro (2012) Os fillos do mar. Vigo: Xerais.
Tamén poñemos as páxinas web consultadas, copiando o título e o URL do enderezo:
Finalmente para que nos quede mellor a bibliografía, ordenámola alfabeticamente, coa función que teñen os procesadores de textos. (exemplo)

27.9.17

Como debe ser un bo traballo de clase

Este é un compendio das características que debe ter un bo traballo de clase:
modelo de falsilla
  • Debe estar curioso.
  • Debe ter boa letra e esta debe lerse ben.
  • Non se debe copiar de internet os contidos de forma idéntica.
  • Non se deben repetir as palabras innecesariamente.
  • Debe ter unha portada ben feita e curiosa e as demais follas deben respectar as marxes (2 a 3 cm de cada lado).
  • Se son varias follas, estas deben estar grampadas.
  • Non se deben cometer faltas de ortografía nin de puntuación.
  • Non se deben facer os traballos no autobús pois dificilmente sairán ben.
  • Hai que facelo en limpo, sen correccións e de forma ordenada
  • Facelo a bolígrafo, e non a lapis e non empregar corrector se é posible.
  • Débense facer sempre en folios en branco procurando facer as liñas rectas e, se é necesario, pódese usar una falsilla.
  • Convén facer un borrador en sucio e despois pasalo a limpo.
  • Non debe ser innecesariamente longo.
  • Non se debe comer mentres se fai o traballo.
  • Evitar distraccións como ver a televisión, estar xogando...

24.2.17

Pradeda

Traballo elaborado por María Vázquez Castro:



Rosalía de Castro

Traballo elaborado por Andrés Piñeiro:





Vilaxuste

Traballo elaborado por Lucía Pérez:




Henry Stantley

Traballo de clase elaborado por Óscar Saavedra:




Costante

Traballo de Nerea García sobre Costante: