Este blog contén información e materiais para o alumnado da materia de Investigación e tratamento de información de 1º ESO do CPI Tino Grandío.

20.10.17

Elaborar unha bibliografía

Ao final de cada traballo é conveniente que fagades figurar que libros ou páxinas web consultastes. No caso dos libros poñemos:

APELIDOS DO AUTOR, Nome (data de publicación) Título do libro en cuestión. Lugar de publicación: Editorial.
  • CARLBERG, Conrad (2010) Análisis estadístico con Excel. Madrid: Anaya.
  • FEIJOO, Pedro (2012) Os fillos do mar. Vigo: Xerais.
Cando facemos os traballos a man, en lugar de usar a cursiva para o título, podemos subliñalo.
  • CARLBERG, Conrad (2010) Análisis estadístico con Excel. Madrid: Anaya.
  • FEIJOO, Pedro (2012) Os fillos do mar. Vigo: Xerais.
Tamén poñemos as páxinas web consultadas, copiando o título e o URL do enderezo:
Finalmente para que nos quede mellor a bibliografía, ordenámola alfabeticamente, coa función que teñen os procesadores de textos. (exemplo)

Ningún comentario:

Publicar un comentario