Este é un compendio das características que debe ter un bo traballo de clase:
|
modelo de falsilla |
- Debe estar curioso.
- Debe ter boa letra e esta debe lerse ben.
- Non se debe copiar de internet os contidos de forma idéntica.
- Non se deben repetir as palabras innecesariamente.
- Debe ter unha portada ben feita e curiosa e as demais follas deben respectar as marxes (2 a 3 cm de cada lado).
- Se son varias follas, estas deben estar grampadas.
- Non se deben cometer faltas de ortografía nin de puntuación.
- Non se deben facer os traballos no autobús pois dificilmente sairán ben.
- Hai que facelo en limpo, sen correccións e de forma ordenada
- Facelo a bolígrafo, e non a lapis e non empregar corrector se é posible.
- Débense facer sempre en folios en branco procurando facer as liñas rectas e, se é necesario, pódese usar una falsilla.
- Convén facer un borrador en sucio e despois pasalo a limpo.
- Non debe ser innecesariamente longo.
- Non se debe comer mentres se fai o traballo.
- Evitar distraccións como ver a televisión, estar xogando...
Ningún comentario:
Publicar un comentario