Este blog contén información e materiais para o alumnado da materia de Investigación e tratamento de información de 1º ESO do CPI Tino Grandío.
Amosando publicacións coa etiqueta LibreOffice b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LibreOffice b>. Amosar todas as publicacións
5.3.18
Avaliación dos traballos feitos con procesador de textos
Accede desde aquí aos traballos que vas ter que avaliar coa rúbrica en papel que se che proporcione.
24.2.17
18.2.17
Traballo para a segunda avaliación
Esta avaliación serás avaliado polo traballo que estás facendo. Terá que ter as seguintes características:
- Ter unha certa cantidade de texto escrito
- Ter diferentes apartados (polo menos catro ou cinco)
- O título de cada apartado deberá ter o estilo: Título 1 ou Encabezado 1 (segundo o ordenador que teñas)
- O resto do texto dos apartados deberá ser Normal ou Corpo
- A portada será adecuada: co título en letra grande e o teu nome en letra máis pequena e no fondo da primeira páxina do documento.
- O texto deberá estar todo xustificado.
- Aparece a bibliografía ao final con todas as fontes usadas, ben en papel ou de internet.
Se queres levar boa nota, ademais terase en conta se:
- Leva algunha ilustración: foto, debuxo, ou imaxe
- Leva número de páxina.
- O texto está correcto.
- A presentación é elegante: boas cores nos títulos, etc.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)