Este blog contén información e materiais para o alumnado da materia de Investigación e tratamento de información de 1º ESO do CPI Tino Grandío.

29.1.19

Lista de compositores famosos para facer o traballo do 2º trimestre


  1. Ludwig Van Beethoven
  2. Wolfgang Amadeus Mozart
  3. Johann Christian Bach
  4. Frederic Chopin
  5. Johannes Brahms
  6. George Friderick Händel
  7. Antonio Vivaldi
  8. Franz Schubert
  9. Antonio Vivaldi
  10. Giuseppe Verdi
  11. Piotor Ilich Tchaikovski
  12. Richard Wagner
  13. Joseph Haydn
  14. Antonin Dvorak
  15. Franz Lizst
  16. Felix Mendelssohn
  17. Gustav Mahler
  18. Manuel de Falla
  19. Robert Schumann
  20. Claude Debussy
  21. Giacomo Puccini
  22. Isaac Albéniz
  23. Nikolay Rimsky-Korsakov
  24. Maurice Ravel
  25. Tomaso Albinoni


26.11.18

Traballo a man

Antes de entregar o teu traballo á profesora comproba o seguinte. Que
  • Ten unha portada sobria, co título no centro e o teu nome e curso no fondo á dereita.
  • Respectas as marxes tal e como vimos nas normas, de 2 a 3 cm polos catro lados de cada páxina.
  • O encabezamento de cada epígrafe está diferenciado do resto do texto.
  • A letra lese ben.
  • Non hai faltas de ortografía nin de puntuación.
  • Non usaches corrector (ou só moi pouquiño).
  • Hai unha cantidade de texto suficiente en cada apartado. 
  • O texto que escribiches non está copiado de ningunha páxina de internet, senón elaborado nas túas propias palabras a partir do que fuches atopando en internet.
  • Citas todas as fontes de onde sacaches a información.

18.10.18

Que son os dereitos de autor?

Os dereitos de autor son similares aos dereitos que temos sobre unha propiedade física. Se alguén quere utilizar o noso bolígrafo ten que pedirnos permiso e deixarlle gratuitamente ou ben pagarnos o que lle pidamos por utilizalo.

Todos temos dereitos de autor sobre o material que producimos: traballos de clase, fotos que sacamos, gravacións que fagamos, libros que escribamos, etc. Como autores só nós e aqueles cos que cheguemos a un acordo, económico ou non, podemos:
  • facer copias do noso traballo
  • distribuír copias do noso traballo
  • proxectar ou expoñer as nosas obras (películas, obras de teatro, bailes ou música)
  • amosar publicamente a nosa obra
  • facer obras derivadas, é dicir con modificacións ou adaptacións.
En España os dereitos de autor duran 70 anos desde o falecemento de autor ou do último dos autores pero adóitanse respectar 80 anos.

Que está protexido polos dereitos de autor?
  • as obras literarias
  • obras musicais
  • obras dramáticas
  • pantomimas e coreografías
  • obras pictóricas, gráficas e esculturas
  • gravacións de son
  • obras arquitectónicas
Que non está protexido polos dereitos de autor?
  • as ideas, procedementos, métodos, sistemas, principios, descubrimentos ou conceptos
  • os títulos, nomes, frases curtas ou frases feitas
  • as obras que non teñan unha forma fixa, como a expresión improvisada que non se escriba ou grave
  • as obras que se fagan con información dispoñible para todo o mundo e que non sexa orixinal
Licenzas Creative Commons
Estas licenzas permiten crear materiais nos que nós renunciemos ao noso dereito como autores dunha forma controlada. Podemos permitir unha ou varias das seguintes cousas:
  • que se utilice a nosa obra de forma privada ou pública que se realicen obras derivadas dela ou non
  • que se gañen cartos utilizando a nosa obra ou non
  • que se poida utilizar a nosa obra sempre que se diga que nós somos os autores
Por esta razón existen diversas licenzas que aparecen representadas polos seus correspondentes símbolos:
  • BY- reconocimiento
  • SA- compartir igual
  • ND- sen obras derivadas
  • NC- non comercial
Máis
Sitios que respectan os dereitos de autor e proporcionan obras gratuitas:
  • Proxecto Gutenberg (libros)
  • Wikipedia (información colaborativa)
  • Wikimedia
Exercicios

1.3.18

Características do teu traballo

En todo caso o teu texto terá que ter as seguintes características:
  • Ter unha certa cantidade de texto escrito
  • Ter diferentes apartados (polo menos catro ou cinco)
  • O título de cada apartado deberá ter o estilo: Título 1 ou Encabezado 1 (segundo o ordenador que teñas)
  • O resto do texto dos apartados deberá ser Normal ou Corpo
  • A portada será adecuada: co título en letra grande e o teu nome en letra máis pequena e no fondo da primeira páxina do documento.
  • O texto deberá estar todo xustificado.
  • Aparece a bibliografía ao final con todas as fontes usadas, ben en papel ou de internet.
Se queres levar boa nota, ademais terase en conta se:
  • Leva algunha ilustración: foto, debuxo, ou imaxe
  • Leva número de páxina.
  • O texto está correcto.
  • A presentación é elegante: boas cores nos títulos, etc.