Todos temos dereitos de autor sobre o material que producimos: traballos de clase, fotos que sacamos, gravacións que fagamos, libros que escribamos, etc. Como autores só nós e aqueles cos que cheguemos a un acordo, económico ou non, podemos:
- facer copias do noso traballo
- distribuír copias do noso traballo
- proxectar ou expoñer as nosas obras (películas, obras de teatro, bailes ou música)
- amosar publicamente a nosa obra
- facer obras derivadas, é dicir con modificacións ou adaptacións.
En España os dereitos de autor duran 70 anos desde o falecemento de autor ou do último dos autores pero adóitanse respectar 80 anos.
Que está protexido polos dereitos de autor?
- as obras literarias
- obras musicais
- obras dramáticas
- pantomimas e coreografías
- obras pictóricas, gráficas e esculturas
- gravacións de son
- obras arquitectónicas
Que non está protexido polos dereitos de autor?
- as ideas, procedementos, métodos, sistemas, principios, descubrimentos ou conceptos
- os títulos, nomes, frases curtas ou frases feitas
- as obras que non teñan unha forma fixa, como a expresión improvisada que non se escriba ou grave
- as obras que se fagan con información dispoñible para todo o mundo e que non sexa orixinal
Licenzas Creative Commons
Estas licenzas permiten crear materiais nos que nós renunciemos ao noso dereito como autores dunha forma controlada. Podemos permitir unha ou varias das seguintes cousas:
- que se utilice a nosa obra de forma privada ou pública que se realicen obras derivadas dela ou non
- que se gañen cartos utilizando a nosa obra ou non
- que se poida utilizar a nosa obra sempre que se diga que nós somos os autores
Por esta razón existen diversas licenzas que aparecen representadas polos seus correspondentes símbolos:
- BY- reconocimiento
- SA- compartir igual
- ND- sen obras derivadas
- NC- non comercial
Máis
Sitios que respectan os dereitos de autor e proporcionan obras gratuitas:
- Proxecto Gutenberg (libros)
- Wikipedia (información colaborativa)
- Wikimedia
- Compara estos sitios:
- Que información trae a páxina da Wikipedia sobre Isaac Newton debaixo da súa foto?
- Por que na páxina web da Wikipedia non aparecen fotos de Harry Potter e se buscamos en Google si?
Ningún comentario:
Publicar un comentario