Este blog contén información e materiais para o alumnado da materia de Investigación e tratamento de información de 1º ESO do CPI Tino Grandío.

24.1.17

Traballo no texto de "O Carballo"

  1. Facemos unha portada co título no centro en letra grande (podes poñer cores e escoller ti o tamaño). Despois pon o teu nome e apelidos no fondo á dereita.
  2. A continuación xustificamos todo o texto. Seleccionamos todo e facemos que todas as liñas cheguen de dereita á esquerda ocupando todo o espazo.
  3. Seleccionamos todo o texto e poñémoslle unha letra que nos guste e que sexa fácil de ler.
  4. Despois seleccionamos e poñémoslle o estilo de "título 1" aos apartados principais e de "título 2" aos secundarios.
  5. Se queremos podemos editar os estilos para adaptalos ao noso gusto.
  6. Podemos buscar fotos na Wikipedia, ou noutras páxinas se respectamos os dereitos de autor, e gardámolas na nosa carpeta no ordenador.
  7. Despois de cada apartado principal, se queremos pasar á páxina seguinte, seleccionamos salto de páxina.

Ningún comentario:

Publicar un comentario