Este blog contén información e materiais para o alumnado da materia de Investigación e tratamento de información de 1º ESO do CPI Tino Grandío.

10.10.16

Que son os dereitos de autor?

Os dereitos de autor son similares aos dereitos que temos sobre unha propiedade física. Se alguén quere utilizar o noso bolígrafo ten que pedirnos permiso e deixarlle gratuitamente ou ben pagarnos o que lle pidamos por utilizalo.

Todos temos dereitos de autor sobre o material que producimos: traballos de clase, fotos que sacamos, gravacións que fagamos, libros que escribamos, etc. Como autores só nós e aqueles cos que cheguemos a un acordo, económico ou non, podemos:
  • facer copias do noso traballo
  • distribuír copias do noso traballo
  • proxectar ou expoñer as nosas obras (películas, obras de teatro, bailes ou música)
  • amosar publicamente a nosa obra
  • facer obras derivadas, é dicir con modificacións ou adaptacións.
En España os dereitos de autor duran 70 anos desde o falecemento de autor ou do último dos autores pero adóitanse respectar 80 anos.

Que está protexido polos dereitos de autor?
  • as obras literarias
  • obras musicais
  • obras dramáticas
  • pantomimas e coreografías
  • obras pictóricas, gráficas e esculturas
  • gravacións de son
  • obras arquitectónicas
Que non está protexido polos dereitos de autor?
  • as ideas, procedementos, métodos, sistemas, principios, descubrimentos ou conceptos
  • os títulos, nomes, frases curtas ou frases feitas
  • as obras que non teñan unha forma fixa, como a expresión improvisada que non se escriba ou grave
  • as obras que se fagan con información dispoñible para todo o mundo e que non sexa orixinal
Licenzas Creative Commons
Estas licenzas permiten crear materiais nos que nós renunciemos ao noso dereito como autores dunha forma controlada. Podemos permitir unha ou varias das seguintes cousas:
  • que se utilice a nosa obra de forma privada ou pública que se realicen obras derivadas dela ou non
  • que se gañen cartos utilizando a nosa obra ou non
  • que se poida utilizar a nosa obra sempre que se diga que nós somos os autores
Por esta razón existen diversas licenzas que aparecen representadas polos seus correspondentes símbolos:
  • BY- reconocimiento
  • SA- compartir igual
  • ND- sen obras derivadas
  • NC- non comercial
Máis
Sitios que respectan os dereitos de autor e proporcionan obras gratuitas:
  • Proxecto Gutenberg (libros)
  • Wikipedia (información colaborativa)
  • Wikimedia

Exercicios

Ningún comentario:

Publicar un comentario