Este blog contén información e materiais para o alumnado da materia de Investigación e tratamento de información de 1º ESO do CPI Tino Grandío.

20.4.16

Como facer unha captura de pantalla

Que é

Unha captura de pantalla permítenos poder utilizar a imaxe que vemos na pantalla do ordenador coma se fose unha imaxe calquera e así poder insertala en documentos, enviala por correo, editala, etc.

Como se realiza na aula Abalar

O primeiro que hai que facer é poñer na pantalla aquela imaxe que queremos capturar. No noso caso un plano ou imaxe aérea da nosa localidade (Google Maps). Unha vez que vemos esta imaxe, prememos a tecla “ImprPant” situado na parte superior dereita do noso teclado. En algún ordenador pode ser necesario premer outra tecla simultaneamente.
captura de pantalla de Google Maps: Guntín

Xa temos a nosa imaxe no portapapeis do ordenador e podemos pegala nun documento directamente ou ben gardala. Nós imos gardala co resto de imaxes que temos nunha carpeta para o noso traballo. Para iso facemos o seguinte: 
  • Eliximos abrila con MyPaint e escollemos o formato, por exemplo JPEG.
  •  MyPaint ten o menú en inglés: Imos a “File” (=Arquivo) e prememos en “Save as” (=Gardar como).
  •  Agora escollemos o nome que lle poñemos á imaxe e a capeta en que se vai gardar.
  • Eliximos a carpeta na que temos o resto de imaxes.
Xa temos a nosa captura de pantalla preparada para ser empregada na nosa presentación coma o resto de imaxes que fomos tomando.

Ningún comentario:

Publicar un comentario