Este blog contén información e materiais para o alumnado da materia de Investigación e tratamento de información de 1º ESO do CPI Tino Grandío.

15.9.15

Presentación da materia

Ao longo de todo este curso na nosa materia intentaremos prepararnos para facer investigacións básicas de forma axeitada. Para iso imos realizar diversos traballos e proxectos nos que iremos aplicando aqueles aspectos que vaiamos aprendendo na aula.

Os principais contidos que imos tratar serán os seguintes:
  • O traballo escrito:
    • Diferenzas entre un traballo ben e mal elaborado
    • As partes de un traballo
    • Os dereitos de autor e como respectalos
    • A corrección lingüística
    • O proceso de investigación e obtención da información
      • bibliografía
      • buscadores en internet
    • A presentación
      • a man
      • con axuda dun ordenador
        • Word
        • OpenOffice e LibreOffice
  • A presentación
    • Normas de utilización
    • Equilibrio entre textos e imaxes
    • As partes dunha presentación
    • Elaboración con ordenador
      • PowerPoint
      • Impress
  • A exposición oral
    • Utilización de guións
    • Preparación
    • Extensión
    • Normas para falar en público
    • A boa exposición oral

Ningún comentario:

Publicar un comentario